Voluntariado
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios quere convidar a todas as persoas interesadas en coidar e poñer en valor o noso monte a participar no Programa de Voluntariado.
O noso monte é un espazo vivo, fonte de riqueza natural, cultural e social. Grazas ao esforzo veciñal de xeracións, mantense hoxe como un ben común que precisa do compromiso e da colaboración de todas e todos.
Que podes facer
As persoas voluntarias participan en tarefas como:
- Limpeza e mantemento de camiños e fontes.
- Reforestación con especies autóctonas.
- Control de especies invasoras.
- Actividades de educación ambiental e visitas guiadas.
- Apoio en xornadas de convivencia e divulgación.
Quen pode participar
Pode participar calquera persoa maior de 16 anos, con ganas de aprender, colaborar e compartir tempo coa comunidade.
Non é necesario ter experiencia previa; nós encargámonos da formación e do material básico.
Non é necesario ter experiencia previa; nós encargámonos da formación e do material básico.
Como participar
Se queres formar parte do voluntariado, podes cubrir o formulario dispoñible nesta web ou contactar connosco no correo coordinador@vincios.org